Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 28 de marzo de 2012 Páx. 10968

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (295/2009).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de demanda 295/2009, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Na Coruña o dez de xaneiro de dous mil doce. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña e o seu partido, estes autos de xuízo número 295/2009 seguidos por instancia de María José López Sánchez, representada pola letrada Sra. Garrido Fernández, contra a empresa Segunda a tu Gusto, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece; a litis versa sobre reclamación de salarios.

Decido que, estimando integramente a demanda formulada por María José López Sánchez, representada pola letrada Sra. Garrido Fernández, contra a empresa Segunda a tu Gusto, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboar á demandante a suma de 917,39 euros, no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes. Así mesmo, debo absolver o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria respecto a tales cantidades nos termos establecidos no artigo 33 ET. Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que en virtude do disposto no artigo 191.2.g) da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social, non cabe recurso contra ela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Segunda a tu Gusto, S.L. en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 7 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial