Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 28 de marzo de 2012 Páx. 10969

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (874/2011).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, por substitución regulamentaria, fago saber que no procedemento ordinario 874/11 deste xulgado do social, seguido por instancia de Adrián Sánchez García, contra a empresa Marfur Obras y Reformas, S.L., ditouse a sentenza cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Decido que, estimando a demanda interposta por Adrián Sánchez García debo condenar e condeno a Marfur Obras y Reformas, S.L. a que aboe ao demandante a contía de cinco mil cento corenta e seis euros con corenta e dous céntimos (5.146,42 €), máis o 10% de xuro de mora do artigo 29.3 do ET. Todo iso sen prexuízo da responsabilidade que ao Fogasa lle corresponda asumir dentro dos límites legais (artigo 33 ET)».

E para que sirva de notificación Marfur Obras y Reformas, S.L., expídese este edicto.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial