Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Mércores, 4 de abril de 2012 Páx. 12090

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2012, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C), escala de subinspectores de consumo, en execución da sentenza do 13 de xullo de 2011, ditada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no procedemento ordinario 325/2009, pola que se lles dá publicidade a diversos acordos do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 20 de marzo de 2012, o tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C), escala de subinspectores de consumo, en execución da sentenza do 13 de xullo de 2011, ditada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no procedemento ordinario 325/2009 acorda, conforme as bases da convocatoria:

Primeiro. Corrixir o exame correspondente ao cuarto exercicio do proceso selectivo cualificando o exercicio, de conformidade co disposto na base II.2 da convocatoria, de 0 a 10 puntos, sendo necesario para superalo obter como mínimo 5 puntos. Da corrección resultou a seguinte puntuación:

32662127B Freire Pérez, Ana María: 6,175 puntos.

Segundo. Realizar os trámites oportunos para publicar a puntuación obtida pola aspirante que se presentou ao cuarto exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C), escala de subinspectores de consumo, no taboleiro de anuncios da Escola Galega de Administración Pública, no taboleiro de anuncios do Servizo de Información e Atención ao Cidadán da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es), tendo en conta que a aspirante disporá dun prazo de dez (10) días para os efectos de alegacións.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2012.

Fernando Jorge Mora
Presidente do tribunal