Por Resolución deste tribunal do 20 de marzo de 2012, convocáronse para a lectura pública o día 29 de marzo de 2012 os/as opositores/as indicados no anexo.
Debido á coincidencia do día sinalado coa folga xeral e para evitar posibles inconvenientes ás persoas convocadas para esa data, este tribunal acorda aprazar o acto de lectura pública dos/as aspirantes do anexo para o vindeiro día 12 de abril de 2012 no seminario B da Escola Galega de Administración Pública; rúa de Madrid, 2-4, de Santiago de Compostela, a partir das 16.00 horas.
As convocatorias dos/das aspirantes que deberán concorrer os seguintes días de lectura serán efectuadas no taboleiro de anuncios do lugar indicado anteriormente e na páxina web da Xunta de Galicia.
Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2012.
Jaime Barros Leboreiro
Presidente do tribunal
ANEXO
Apelidos e nome:
Pérez Pelayo, Javier.
Romero Quintáns, Tareixa.
Tella Dorrío, Nicolás.
Viso López, Freddy.