Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 11 de abril de 2012 Páx. 12983

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 14 de marzo de 2012 pola que se notifica a apertura do período de proba no expediente de reposición da legalidade urbanística IU3/70/2011, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

A instrutora do expediente de reposición da legalidade urbanística IU3/70/2011 ditou, o 21 de febreiro de 2012, resolución pola que se notifica a apertura dun período de proba de oficio no expediente de reposición da legalidade urbanística IU3/70/2011, incoado polas obras realizadas en solo rústico, sen autorización urbanística autonómica, consistentes na construción dunha edificación para uso residencial no Prado do Rechouso, no lugar de Froxán, na parroquia de Vilamor, no termo municipal de Folgoso do Courel.

Ao non poderse realizar a notificación persoal desta resolución a Juan Manuel Benjamín Vaamonde Liste, en calidade de promotor das anteditas obras, mediante a presente cédula, e ao amparo do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1.º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2012.

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística