A Autoridade Portuaria de Vigo realiza convocatoria de posto de traballo para cubrir 1 (unha) praza mediante contrato de revezamento ao 75% da xornada:
– 1 praza de responsable de operacións e servizos portuarios por concurso de méritos.
– As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web www.apvigo.es e no taboleiro de anuncios da Autoridade Portuaria de Vigo, praza da Estrela n.º 1.
As solicitudes deberán presentarse no prazo de 7 (sete) días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación deste anuncio no rexistro das oficinas centrais da Autoridade Portuaria de Vigo, en horario de 9.00 a 14.00 horas. Se o último día do prazo coincidise en sábado, este finalizaría no seguinte día hábil.
Vigo, 23 de marzo de 2012.
Ignacio López-Chaves Castro
Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo