Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 17 de abril de 2012 Páx. 13898

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 20 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2012026TA-CO, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 29 de febreiro de 2012, a Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador número 2012026TA-CO incoado a José Francisco Gómez Souto, S.L.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícase a José Francisco Gómez Souto, S.L. o contido do dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao/á interesado/a, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 20 de marzo de 2012.

Emma Rego Valcarce
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

N.º de expediente: 2012026TA-CO.

Interesada: José Francisco Gómez Souto, S.L.

DNI/NIF/CIF: B70185822.

Último enderezo coñecido: Penelas, 7, Cacheiras, Teo.

Feito/s imputado/s: infracción á lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos: art. 35.b.1.ª) da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade e art. 42.l) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.

Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro, nos seus artigos 3 e 19.

Tipificación provisional: grave.

Sanción proposta: 601 euros. Seiscentos un euros.