Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 17 de abril de 2012 Páx. 13900

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 9 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica o trámite de audiencia realizado a un afectado, como consecuencia dun expediente de modificación do acordo da zona de concentración parcelaria de Goá (Cospeito-Lugo).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime rurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícase ao interesado que se señala no anexo deste anuncio o trámite de audiencia realizado como consecuencia dun expediente de modificación do acordo da zona de concentración parcelaria de Goá (Cospeito-Lugo) que foi devolto polo servizo de Correos.

O interesado poderá comparecer no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación deste anuncio, nas oficinas do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorrial da Consellería do Medio Rural e do Mar, sitas na rolda da Muralla, 70-1.º baixo, en Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do mencionado trámite de audiencia e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio enviarase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Lugo, 9 de marzo de 2012.

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo

Anexo

Expediente: trámite de audiencia.

Interesado: José Manuel Hernández González.

Último enderezo coñecido: rúa Páramo, 31-1.º C – A Coruña.

Acto notificado: co fin de levar a puro e debido efecto sentenza da Sala do Civil do Tribunal Supremo do 13.10.2010, auto de casación e infracción procesual ditada en recurso n.º 1804/2009, poño no seu coñecemento que se propuxo a modificación que abaixo se cita e que afecta a vostede.

Durante o prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte á data de publicación desta notificación, poderá vostede alegar todo o que considere conveniente. No caso de non realizar ningún tipo de manifestación escrita ao respecto, entenderase que está conforme coa proposta notificada.

Indicámoslle que esta proposta non supón ningunha adquisición de dereitos e que está supeditada á correspondente resolución do órgano competente.

O expediente estará ao seu dispor durante o dito prazo nas oficinas do Servizo de Infraestuturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar en Lugo, sito no edificio administrativo (rolda da Muralla, 70-1.º baixo-Lugo).

Modificación que se propón: dar de baixa nas achegas do propietario 340 (José Manuel Hernández González) todas as parcelas achegadas ás bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Goá (Cospeito-Lugo).

Dar de baixa na ficha de atribucións do mesmo propietario todos os predios de substitución a el adxudicados no citado expediente concentrador, polo que desaparece como propietario.