Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 17 de abril de 2012 Páx. 13879

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1362/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, polo presente anuncio:

Na demanda número 1362/2009 seguida por instancia de Eliseo Regueira San Martín fronte á mercantil Nivel 10, S.L. sendo parte o Fogasa, ditouse sentenza número 169/2012, cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«A Coruña, 16 de marzo de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 (reforzo) da Coruña, en funcións, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 1362/2009, sendo demandante Eliseo Regueira San Martín, asistido polo letrado Sr. Vázquez López, e demandada a empresa Nivel 10, S.L., despois de ser citado, do mesmo xeito, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), coa representación da letrada Sra. Abajo Lera.

Decido que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por parte de Eliseo Regueira San Martín contra a empresa Nivel 10, S.L. e, en consecuencia, absolvo esta última de cantas pretensións se exercitaran na súa contra en méritos do presente procedemento.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución non cabe interpor ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en forma a Nivel 10, S.L., actualmente en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto para a súa publicación no DOG e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 20 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial