Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 23 de abril de 2012 Páx. 14893

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 10 de febreiro de 2012, da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo na Coruña, pola que se lle notifica á interesada a resolución do expediente sancionador VP-C-12/10.

Por medio desta cédula e en cumprimento do disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícaselle á interesada a resolución do expediente sancionador VP-C-12/10 por infracción tipificada no artigo 110.4.d) da Lei 18/2008, do 29 de decembro, de vivenda de Galicia.

Á dita infracción impónselle unha multa de 440 €.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa recepción, conforme os artigos 107.1 e 114 a 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

De non ter presentado recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme en vía administrativa, debendo aboar o importe da multa por transferencia bancaria no período voluntario sinalado no boletín de multas e sancións, ao seu dispor na Área Provincial do IGVS (sita na praza de Luís Seoane, s/n, 9.º andar, A Coruña), na conta restrinxida que consta no devandito boletín, facendo constar o número do expediente sancionador. De non efectuar o pagamento dentro do prazo establecido, procederase á súa execución por vía de constrinximento.

E para que conste e lle sirva de notificación á interesada ausente na repartición, no cumprimento do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

A Coruña, 10 de febreiro de 2012.

Luis G. Eirís Puñal
Xefe da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Expediente sancionador: VP-C-12/10.

Denunciada: M.ª del Carmen Delgado Díaz.

Enderezo: rúa dos Gorrións, n.º 10-baixo D, Perillo-Oleiros (A Coruña).

Sanción: tipificada no artigo 110.4.d) da Lei 18/2008, do 29 de decembro, de vivenda de Galicia.