Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 23 de abril de 2012 Páx. 14895

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 10 de febreiro de 2012, da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo na Coruña, pola que se lle notifica á interesada a proposta de resolución do expediente sancionador VP-C-3/11.

Por medio desta cédula e en cumprimento do disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícaselle á interesada a proposta de resolución do expediente sancionador VP-C-3/11 por infracción tipificada no artigo 110.4.d) da Lei 18/2008, do 29 de decembro, de vivenda de Galicia, á cal lle pode corresponder a sanción prevista na antedita lei.

Conforme o establecido no artigo 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, déase traslado á interesada concedéndolle un prazo de 15 días para formular alegacións en trámite de audiencia e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes. Esta proposta non é susceptible de recurso.

E para que conste e lle sirva de notificación á interesada ausente na repartición, no cumprimento do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

A Coruña, 10 de febreiro de 2012.

Luis G. Eirís Puñal
Xefe da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Expediente: VP-C 3/11.

Denunciada: Elena Galbán Rey.

Rúa: Sánchez Freire, 1-3.º B.

Concello: Santiago de Compostela.

Infracción: artigo 110.4.d) da Lei 18/2008, do 29 de decembro, de vivenda de Galicia.