Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 23 de abril de 2012 Páx. 14752

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2012 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 12 de abril de 2012 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia xustifícase polas súas propias necesidades organizativas e funcionais.

En consecuencia, por proposta da Presidencia da Xunta de Galicia, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 12 de abril de 2012, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Apróbase a modificación da relación de postos de traballo dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo. Ordénase a publicación desta no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Terceiro. Indícanse qué postos de traballo constitúen unha excepción ao disposto no artigo 30 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, modificado pola Lei 15/2010, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, podéndose cubrir polo sistema de libre designación con convocatoria pública o seguinte posto:

Código

Denominación

Motivación

PR.101.00.001.15770.011

Porteiro/a maior

Posto situado na residencia oficial do presidente, que leva consigo especial responsabilidade en canto ao coñecemento directo das actividades do presidente.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 12 de abril de 2012, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, coa finalidade de cumprir o dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2012.

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file