Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 8 de maio de 2012 Páx. 17202

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2662/2008) RCUD (87/2012).

Nas actuacións de recurso de suplicación número 2662/2008-RCUD 87/2012 MAY, a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 265/2006 do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, promovidos polo Instituto Social da Mariña contra José Manuel Romero Martínez, Manuel Torres González, Pesquerías San Marcos, S.L., Hijos de J. Barreras, S.A., Tomás Montán Guillán, Benito Rodríguez del Río, Pesquera Vasco Gallega, S.L., comunidade de herdeiros de José Pérez Carnes, sobre xubilación, con data do 17 de abril de 2012 se ditou a resolución do seguinte teor literal:

«Dilixencia de ordenación.

Secretaria: María Socorro Bazarra Varela.

A Coruña, 17 de abril de 2012.

O anterior escrito, presentado ante a oficina de rexistro e notificacións do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o 10 de abril de 2012, polo graduado social Cándido Sanisidro López, en nome e representación de José Manuel Romero Martínez, únese ao recurso correspondente. Tense por preparado o recurso de casación para unificación de doutrina e concédeselle á parte recorrente o prazo de quince días para interpor o recurso perante esta sala. Fáiselle saber que os autos están ao seu dispor na oficina xudicial para a súa entrega ou exame se o coida necesario e que deberá sinalar un domicilio para notificacións na sede do Tribunal Supremo, salvo que xa o designase.

Requírase a recorrente para que achegue, no momento de interposición do recurso, certificación da/s sentenza/s que invoca con expresión da súa firmeza, agás as ditadas por esta sala do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, das cales se expedirá certificación para a súa unión á peza do recurso de casación para unificación de doutrina.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que contra esta resolución non cabe ningún recurso, sen prexuízo de que a parte contra a cal se recorreu se poida opor á admisión do recurso ao comparecer ante o Tribunal Supremo.

Acórdoo e asínoo. Dou fe».

Advírtese a parte en ignorado paradoiro de que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións en estrados, agás que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co previsto legalmente.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Manuel Torres González, Pesquerías San Marcos, S.L., Hijos de J. Barreras, S.A., Tomás Montán Guillán, Benito Rodríguez del Río, Pesquera Vasco Gallega, S.L., comunidade de herdeiros de José Pérez Carnes, expido e asino este edicto.

A Coruña, 17 de abril de 2012.

A secretaria xudicial