O Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo, de acordo co informe do director, na súa sesión do 11 de maio de 2012 acordou, de conformidade co artigo 69.4.b) do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da Mariña Mercante, someter o presente expediente ao trámite de información pública polo prazo de 45 días, mediante a publicación do presente anuncio.
O prazo de exposición pública entenderase aberto desde a publicación do presente anuncio.
A documentación do presente expediente encóntrase á disposición dos interesados na páxina web da Autoridade Portuaria de Vigo www.apvigo.com, así como na Área de Planificación e Infraestruturas da Autoridade Portuaria de Vigo, praza da Estrela 1, 36201 Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
O presente anuncio servirá de notificación, nos termos establecidos no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, para todos e todas aqueles/as interesados/as directamente afectados/as que, por resultar descoñecidos/as ou por ignorarse o seu domilicio, no poidan ser notificados persoalmente.
Todo o cal se comunica para os efectos de que todos os interesados poidan formular alegacións á citada delimitación, no prazo anteriormente citado.
Vigo, 11 de maio de 2012.
José Ignacio López-Chaves Castro |
José Ramón Costas Alonso |
Presidente da Autoridade |
Secretario da Autoridade |