Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe positivo da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA).
Establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 24 de febreiro de 2012 (publicado no BOE do 26 de marzo de 2012 pola Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 5 de marzo de 2012).
Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), neste caso, do primeiro inciso do punto 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas, e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.
Esta reitoría
RESOLVE:
Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Xestión Empresarial do Deporte, que se recolle no anexo a esta resolución.
Vigo, 21 de abril de 2012.
Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo
ANEXO
Máster universitario en Xestión Empresarial do Deporte
Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas.
Universidade participante: Vigo.
Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.
|
Tipo de materia |
ECTS |
|
Obrigatorias |
40 |
|
Optativas |
0 |
|
Prácticas externas |
14 |
|
Traballo fin de máster |
6 |
|
Créditos totais |
60 |
Cadro 2. Materias, créditos e módulos do máster.
|
Materia |
ECTS |
Carácter |
Módulo |
|
Organización e Lexislación do Deporte |
5 |
Obrigatorio |
Organización e Lexislación do Deporte |
|
Sistema de Información Económico-Financeira |
5 |
Obrigatorio |
Administración e Xestión Económico-Financeira |
|
Financiación e Fiscalidade do Deporte |
5 |
Obrigatorio |
|
|
Xestión Deportiva e Calidade |
5 |
Obrigatorio |
Xestión, Organización e Explotación Deportiva |
|
Planificación Estratéxica |
5 |
Obrigatorio |
|
|
Patrocinio e Márketing Deportivo |
5 |
Obrigatorio |
Patrocinio e Márketing Deportivo |
|
Instalacións Deportivas |
5 |
Obrigatorio |
Xestión de Instalacións e Eventos Deportivos |
|
Eventos Deportivos |
5 |
Obrigatorio |
|
|
Prácticas Externas |
14 |
Obrigatorio |
Prácticas Externas |
|
Traballo Fin de Máster |
6 |
Obrigatorio |
Traballo Fin de Máster |
Para a obtención do título de máster universitario en Xestión Empresarial do Deporte, o alumnado deberá superar os 60 ECTS de que consta o máster.

