Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 9 de agosto de 2012 Páx. 32119

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (522/2010).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 522/10 por instancia de Sonia Vázquez El Laffa contra a empresa Cascel Proyecto, S.L. (Bocata) sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 13.7.2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Ditame.

Estímase a demanda interposta por Sonia Vázquez El Laffa fronte a Cascel Proyecto, S.L. (Bocata), e en consecuencia, condénase a empresa Cascel Proyecto, S.L. (Bocata) a aboar á demandante a cantidade de catro mil catrocentos trece euros con vinte céntimos de euro (4.413,20 euros).

Notifíquese a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Cascel Proyecto, S.L. (Bocata) expido e asino a presente.

A Coruña, 18 de xullo de 2012

A secretaria xudicial