Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 9 de agosto de 2012 Páx. 32118

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (559/2010).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 559/10 por instancia de Francisco Tajes Tedín contra a empresa Piedras Rust Gallegas, S.L., sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 13.7.2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Ditame.

Estímase a demanda interposta por Francisco Tajes Tedín fronte a Piedras Rust Gallegas, S.L. e, en consecuencia, condénase a empresa Piedras Rust Gallegas, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de cinco mil trescentos vinte e nove euros con noventa e oito céntimos de euro (5.329,98 euros).

Notifíquese a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Piedras Rust Gallegas, S.L., expido e asino a presente.

A Coruña, 18 de xullo de 2012

A secretaria xudicial