Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 11 de decembro de 2012 Páx. 46307

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 505/2005).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: anexo I recuamento LMTA polígono industrial do Tambre.

Situación: concello de Santiago de Compostela.

Características técnicas: fusión dos centros de transformación Polígono Tambre 1 e 2 (expediente 30.623) nun único centro de transformación prefabricado Polígono Tambre 2 de manobra interior, no cal se instalarán dúas celas de liña telecontroladas e dúas de protección de transformadores, así como un transformador de potencia de 400 kVA e outro de 630 kVA, ambos con relación de transformación 20/0,4-0,23 kV, que se instalarán en zona axardinada no polígono do Tambre na confluencia da vía da Cierva coa vía Nobel, no concello de Santiago de Compostela.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 6 de novembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña