Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 11 de decembro de 2012 Páx. 46306

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Ordes (expediente IN407A 270/2008).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: anexo I LMTA, CTI, RBTA Vilasenín II.

Situación: concello de Ordes.

Características técnicas: cambio de localización do punto de entroncamento da liña de media tensión aérea a 20 kV proxectada, que pasa a realizarse no apoio existente 11-35 da LMT SME-809, con entroncamento na derivada ao CT Vilasenín (expediente 27.406), que pasa a ter unha lonxitude de 341 m, con condutor LA-56/54,6 mm², e se instala o apoio nº 1 que inicialmente se intercalaba baixo a liña existente dentro da mesma parcela nº 1. Mantéñense as mesmas afeccións no resto das parcelas do proxecto.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 6 de novembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña