Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 11 de decembro de 2012 Páx. 46342

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

EDICTO do 22 de novembro de 2012, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se resolve o expediente de clasificación do monte Castiñeira e Nabás a favor dos veciños de Saa, parroquia de Sadurnín, concello de Cenlle.

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar con data do 20 de novembro de 2012, adoptou a seguinte resolución:

Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Castiñeira e Nabás, solicitada polos veciños de Saa, parroquia de Sadurnín, no concello de Cenlle (Ourense), resultan os seguintes

Feitos:

Primeiro. Con data do 10 de novembro de 2011 tivo entrada no rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar un escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común dos veciños Saa, parroquia de Sadurnín, no concello de Cenlle (Ourense), no cal solicitan ao seu favor a clasificación como veciñal en man común do devandito monte.

Segundo. Con data do 4 de xullo de 2012, o xurado provincial acorda iniciar o expediente de clasificación do referido monte, e procede a designar instrutor e realizar as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e ábrese a seguir, un período dun mes para a práctica de alegacións.

Terceiro. No prazo concedido para a práctica de alegacións non consta que se presentase ningunha.

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación que consta no expediente, descríbese así:

Concello: Cenlle.

Denominación do monte: Castiñeira e Nabás.

Comunidade veciñal solicitante: veciños de Saa, parroquia de Sadurnín.

Superficie total: 130.708 m2 aproximadamente.

• Monte Castiñeira. Superficie: 81.848 m2.

Estremas:

Norte. Propiedades particulares pertencentes a Maruja Gómez, Antonia Soto, Luis Soto, Manuel Soto Durán e Carmen Durán.

Sur. Propiedades particulares pertencentes a Manuela Villanueva, Arturo Marzoa, Carmen Durán, herdeiros de Carmen Vila, Faustino Pagán Carnero e camiño público.

Leste. Propiedades particulares pertencentes a Luis Soto, Carmen Vilas, Luis Soto e Carmen Vilas, Teresa Fernández, Luisa Bravo Carrasco, herdeiros de Carmen Sierra, Raúl Madarnas, Manuel Carnero e camiño público.

Oeste. Propiedades particulares pertencentes a Emilio Docampo Diéguez, Antonio Cagide e Celsa Sousa.

• Monte Nabás. Superficie: 48.860 m2.

Estremas:

Norte. Propiedades particulares pertencentes a Nieves Bóveda, Carmen Durán, Carmen Vila, José Freixido e Raúl Madarnas.

Sur. Propiedades particulares pertencentes a Eloísa Sierra, Teresa Fernández, Antonio Bóveda, Carmen Montero, Manuel Soto, Maruja Pérez e Manuel Baboada.

Leste. Propiedades particulares pertencentes a Florento Vila, herdeiros de Celia Fernández, herdeiros de Benito Casares e camiño público.

Oeste. Propiedades particulares pertencentes a Jaime Soto Durán, Gerardo Soto, José Peña, Justa Ribera, Rosa Soto, herdeiros de Benito Casares, Antonio Madarnas e Manuel Carnero.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei son montes veciñais en man común... «os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e os veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cuotas os membros daquelas na súa condición de veciños».

Terceiro. É reiterada doutrina da sala contencioso-administrativa do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e, outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa; correspondendo constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña disfrutando ao Xurado Provincial de Clasificación.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante os testemuños dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes e a documentación que consta no expediente.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 46/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Mar, e demais normativa legal e regulamentaria, o xurado provincial por unanimidade dos seus membros,

Resolve:

Clasificar como monte veciñal en man común a favor dos veciños de Saa, parroquia de Sadurnín, no concello de Cenlle (Ourense) o monte denominado Castiñeira e Nabás, coa descrición reflectida no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 22 de novembro de 2012

Ricardo Ignacio Vecillas Rojo
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Ourense