Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 17 de decembro de 2012 Páx. 46910

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ORDE do 20 de novembro de 2012 pola que se acorda a adxudicación do procedemento de alleamento duns inmobles procedentes da antiga Cámara Agraria Local de Santiago de Compostela e se declara deserta a adxudicación do resto de inmobles.

Por ordes da Consellería de Facenda do 3 de maio, do 10 de agosto, do 10 de setembro e do 5 de outubro de 2012 foi autorizado o alleamento mediante poxa, duns inmobles situados en Santiago de Compostela e Padrón.

Logo de publicarse o 23 de outubro de 2012 no Diario Oficial de Galicia, número 202, e nun xornal de ampla difusión (La Voz de Galicia do mesmo día), o anuncio do 5 de outubro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, de alleamento dos citados inmobles, celebrouse o 20 de novembro de 2012 a poxa pública anunciada, co que, á vista das actas da mesa de contratación, de conformidade co disposto no artigo 70 do Decreto 50/1989, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e tras a proposta da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio,

DISPOÑO:

Primeiro. Aprobar as seguintes adxudicacións:

1. A Francisco Portos Carnota, polo prezo de 5.800 euros, a parcela nº 94, Novais, situada en Laraño (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 850 m2 que, segundo o Rexistro da Propiedade, linda: norte, con María Suárez Blanco; sur, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; leste, María Suárez Blanco; e oeste, Ramón Rey Pais. Referencia catastral: 15079A509000940000FW. Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 2 de Santiago de Compostela como predio nº 22.970, tomo 1.202, libro 244 e folio 204.

2. A Jesús Tembra Antelo e a Mercedes Souto Sesar polo prezo de 18.000 euros, a parcela nº 354, Cortiña de Pazos, situada no lugar de Coira (Ames), cunha superficie aproximada de 936 m2 que, segundo o Rexistro da Propiedade, linda: norte, con camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; sur, con zona excluída; leste, con zona excluída; e oeste con Castora Viqueira Gendra. Referencia catastral: 3751701NH3435S0001JG. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio nº 14.762, tomo 571, libro 148 e folio 59.

Segundo. Declarar deserta en primeira poxa a adxudicación das seguintes parcelas:

1. Predio urbano. Número 11, piso 3º B, no terceiro andar dunha casa sen número (na actualidade nº 26), situada na rúa da Rosa da cidade de Santiago de Compostela. Ocupa a extensión de 79 m2, estando distribuído en vestíbulo, comedor-estar, 3 dormitorios, cociña, baño e aseo, e linda: polo norte ou dereita, entrando na casa, co piso 3º A –nº 10–, e nunha pequena parte coa caixa da escaleira; polo sur ou esquerda, co piso 3º C –nº 12–; polo leste ou fronte da casa, nunha pequena parte co piso 3º A –nº 10–, e no resto coa rúa da Rosa; e polo oeste ou fondo, nunha pequena parte, co piso 3º C –nº 12–, noutra parte cun patio de luces, e no resto coa caixa das escaleiras. Élle anexo o rocho sinalado co nº 4, existente no faiado. Atribúeselle unha cota de participación en relación co valor total do inmoble do 2,48 por cento. Referencia catastral: 7169309NH3476G0014TP. Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 de Santiago de Compostela como predio nº 45.269 tomo 1.565, libro 500 e folio 123. Tipo de licitación: 226.099,34 euros.

2. Parcela nº 257, Castro, situada en San Xoán de Fecha (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 8.240 m2 que, segundo o Rexistro da Propiedade, linda: norte, con Josefa Bastón García e outros, Luís García Miramontes e outros; sur, Manuel Pérez Fraga; leste, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; e oeste, José Seoane Casal. Referencia catastral: 15079D503002570000LJ. Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 2 de Santiago de Compostela como predio nº 22.938, tomo 1.202, libro 244 e folio 188. Tipo de licitación: 8.637,37 euros.

3. Parcela nº 453-2, Ramalleira, situada en San Xoán de Fecha (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 11.411 m2 que, segundo o Rexistro da Propiedade, linda: norte, con Manuela Nieto González e outros, canle de rega que a separa de José Seoane Casal; sur, Antonio Noya Cobey e saída a camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; leste, Manuela Nieto González e outros; e oeste, Bernardo Gómez Nieto e Manuela Nieto González e outros. Referencia catastral: 15079E503010160000DY. Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 2 de Santiago de Compostela como predio nº 22.942, tomo 1.202, libro 244 e folio 190. Tipo de licitación: 23.319,26 euros.

4. Parcela nº 903, Sangriñeira, situada en San Miguel dos Agros (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 1.277 m2 que, segundo o Rexistro da Propiedade, linda: norte, con camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; sur, José Liste Mansilla; leste, Carmen Otero García; e oeste, Laureano Fernández Barreiro. Referencia catastral: 15079A505009030000FM. Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 2 de Santiago de Compostela como predio nº 22.948, tomo 1.202, libro 244 e folio 193. Tipo de licitación: 29.288,07 euros.

5. Parcela n º 565, Mira de Arriba, situada en San Fiz de Fóra (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 2.412 m2 que, segundo o Rexistro da Propiedade, linda: norte, con Manuel Cobas de la Iglesia; sur, con Manuela Varela Pérez e outros, Francisco Noya Guerra e outros, José Cobas Durán, Carmen Rozas Fernández, Eduardo Caneda García, Rufina Antelo Fandiño, José Carballido Juncal e Manuela Antelo Fandiño, leste con camiño construído polo Servizo de Concentración parcelaria e Magdalena Fandiño Otero; e oeste con Manuela Varela Pérez e outros, Francisco Noya Guerra e outros, José Cobas Durán, Carmen Rozas Fernández, Eduardo Caneda García, Rufina Antelo Fandiño e José Carballido Juncal. Referencia catastral: 15079A507005650000FL. Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 1 de Santiago de Compostela como predio 25.575, tomo 1.237, libro 244 e folio 116. Tipo de licitación: 65.097,95 euros.

6. Parcela nº 1, Areeira, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 670 m2 que, segundo o Rexistro da Propiedade, linda: norte, con zona excluída; sur, Genoveva Brea Noya; leste, camiño existente e canle de rega no medio; e oeste, zona excluída. Referencia catastral: 15066B503000010000FI. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.628, tomo 487, libro 110 e folio 72. Tipo de licitación: 1.943,19 euros.

7. Parcela nº 159, Castro, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 883 m2 que, segundo o Rexistro da Propiedade, linda: camiño e José Valiño Taboada; sur, zona excluída; leste, José Valiño Taboada e Valentín Figueira Guisande; e oeste, Manuel Uzal Lodeiro. Referencia catastral: 8257404NH2385N0001YP. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.630, tomo 487, libro 110 e folio 74. Tipo de licitación: 6.534,91 euros.

8. Parcela nº 205, Ribeiros, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 3.597 m2 que, segundo o Rexistro da Propiedade, linda: norte, María González Castaño; sur, Jesús Blanco Angueira; leste, camiño; e oeste, río Sar. Referencia catastral: 15066E503002050000LY. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.632, tomo 487, libro 110 e folio 76. Tipo de licitación: 5.251,95 euros.

9. Parcela nº 230, Segade, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 2.706 m2 que, segundo o Rexistro da Propiedade, linda: norte, Manuel Rego Abaña e outros; sur, zona excluída; leste, Ramón Gens Rey; e oeste, camiño. Referencia catastral: 15066E503002300000LS. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.634, tomo 487, libro 110 e folio 78. Tipo de licitación: 6.118,92 euros.

10. Parcela nº 322, Agroxoi, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 495 m2 que, segundo o Rexistro da Propiedade, linda: norte, con María Lapido Díaz e outros; sur, José González Cereijo, canle de rega no medio; leste, camiño, canle de rega no medio; e oeste, regato que o separa de Manuela Prado Sampedro. Referencia catastral: 15066B503003220000FJ. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.638, tomo 487, libro 110 e folio 82. Tipo de licitación: 10.939,40 euros.

11. Parcela nº 485, Sobrán, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 780 m2 que, segundo o Rexistro da Propiedade, linda: norte, estrada da Coruña-Vigo e ferrocarril de Santiago-Vigo; sur, Manuela García Rodríguez; leste, estrada da Coruña-Vigo; e oeste, ferrocarril de Santiago-Vigo. Referencia catastral: 15066B503004850000FS. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.642, tomo 487, libro 110 e folio 86. Tipo de licitación: 7.322,38 euros.

12. Parcela nº 534, Molladiño, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 1.402 m2 que, segundo o Rexistro da Propiedade, linda: norte, Obdulia Sánchez Abullo; sur, José González Rodríguez; leste, camiño existente; e oeste, José Estévez Seage. Referencia catastral: 15066B503005340000FF. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.644, tomo 487, libro 110 e folio 88. Tipo de licitación: 13.390,53 euros.

13. Parcela nº 568, Devesiña, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 690 m2 que, segundo o Rexistro da Propiedade, linda: norte, camiño existente; sur, Manuela López Rodríguez; leste, estrada da Coruña a Vigo; e oeste, camiño existente. Referencia catastral: 15066B503005680000FO. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.648 tomo 487, libro 110 e folio 92. Tipo de licitación: 25.384,40 euros.

14. Parcela nº 579, Devesiños de Abaixo, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 1.210 m2 que, segundo o Rexistro da Propiedade, linda: norte, María Aboy Prada; sur, José María Pose Blanco; leste, Ramón Cajaraville Pose, canle de rega en medio; e oeste, camiño. Referencia catastral: 15066B503005790000FS. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.650, tomo 487, libro 110 e folio 94. Tipo de licitación: 19.438,65 euros.

15. Parcela nº 584, Quinteiro, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 7.091 m2 que, segundo o Rexistro da Propiedade, linda: norte, camiño; sur, Ramón Pose Blanco; leste, canle de rega que a separa de María Reboredo García, descoñecidos e outros predios; e oeste, camiño. Referencia catastral: 15066B503005840000FU. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.652, tomo 487, libro 110 e folio 96. Tipo de licitación: 53.565,24 euros.

16. Parcela nº 590, Chalín, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 3.215 m2 que, segundo o Rexistro da Propiedade, linda: norte, con zona excluída; sur, camiño existente, canle de rega no medio; leste, José Aboy Blanco; e oeste, con zona excluída. Referencia catastral: 15066B503005900000FA. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.654, tomo 487, libro 110 e folio 98. Tipo de licitación: 25.755,76 euros.

17. Parcela nº 598, Magaláns, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 2.199 m2 que, segundo o Rexistro da Propiedade, linda: norte, José Tojo Blanco e outro, Manuela Cajaraville Pose e Digna Iglesias Souto; sur, Josefina Villaverde Sánchez; leste, camiño; e oeste, zona excluída. Referencia catastral: 15066B503005980000FF. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.656, tomo 487, libro 110 e folio 100. Tipo de licitación: 24.465,41 euros.

18. Parcela nº 603, Magaláns, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 7.055 m2 que, segundo o Rexistro da Propiedade, linda: norte, Aurora Lavandeira Vázquez, zona excluída e María del Carmen Iglesias Ferrín e outros; sur, zona excluída; leste, Digna Iglesias Souto, María del Carmen Iglesias Ferrín e outros e saída a camiño; e oeste, zona excluída. Referencia catastral: 15066B503006030000FR. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.658, tomo 487, libro 110 e folio 102. Tipo de licitación: 42.395,79 euros.

19. Parcela nº 633, Agro de Barreiros, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 4.214 m2 que, segundo o Rexistro da Propiedade, linda: norte, Manuel Ferrín Iglesias, canle de rega no medio e Manuela Aboy Prada; sur, camiño; leste, María Pose Blanco e José Laboráns Martínez; e oeste, Antonio Iglesias Díaz. Referencia catastral: 15066B503006330000FO. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.660, tomo 487, libro 110 e folio 104. Tipo de licitación: 37.977,84 euros.

20. Parcela nº 681, Fochacos, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 2.657 m2 que, segundo o Rexistro da Propiedade, linda: norte, camiño e canle de rega no medio; sur, José Gómez Espasandín, canle de rega que a separa de Josefa Beis García, e predio nº 690; leste, María Ferreira Capeáns; e oeste, Soledad Zumalave Zumalave, Victoria Oseiro Leis e Antonio Iglesias Souto. Referencia catastral: 9287617NH2398N0001GL. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.662, tomo 487, libro 110 e folio 106. Tipo de licitación: 42.684,70 euros.

21. Parcela nº 817, Pelamio, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 2.023 m2 que, segundo o Rexistro da Propiedade, linda: norte, estrada Vigo á Coruña; sur, Maximino Zumalave Díaz; leste, Anacleto Angueira Rodríguez e outros; e oeste, con río. Referencia catastral: 15066B503008170000FL. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.668, tomo 487, libro 110 e folio 112. Tipo de licitación: 18.231,89 euros.

22. Parcela nº 929, Coquiño, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 1.406 m2 que, segundo o Rexistro da Propiedade, linda: norte, Manuela Mato García e outros; sur, Manuela Varela Andrade; leste, estrada de Vigo a A Coruña; e oeste, José María Rivero de Aguilar y Otero e zona excluída. Referencia catastral: 9894202NH3400N001QW. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.672, tomo 487, libro 110 e folio 116. Tipo de licitación: 18.320,02 euros.

23. Parcela nº 984, Costeira, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 1.294 m2 que, segundo o Rexistro da Propiedade, linda: norte, camiño; sur, río; leste, camiño existente e Rosalía Fojo Naya; e oeste, Rosa Seage Grela. Referencia catastral: 15066B503009840000FM. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.674, tomo 487, libro 110 e folio 118. Tipo de licitación: 28.597,15 euros.

24. Parcela nº 1.024, Longás, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 1.378 m2 que, segundo o Rexistro da Propiedade, linda: norte, camiño; sur, María Iglesias Bouzada e Estrella Bouzada González; leste, camiño; e oeste, camiño. Referencia catastral: 15066C503010240000IT. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.680, tomo 487, libro 110 e folio 124. Tipo de licitación: 6.982,05 euros.

25. Parcela nº 1.037, Lareda, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 1.070 m2 que, segundo o Rexistro da Propiedade, linda: norte, zona excluída; sur, camiño; leste, Maximino Duarte Iglesias e outros; e oeste, zona excluída. Referencia catastral: 15066C503010370000IE. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.682, tomo 487, libro 110 e folio 126. Tipo de licitación: 4.294,95 euros.

26. Parcela nº 1.116, Bouza, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 4.114 m2 que, segundo o Rexistro da Propiedade, linda: norte, Manuel Landeira Iglesias, Isolina González Díaz e José Arca Rois; sur, con camiño; leste, camiño e Ramón Manuel Mirón Ribas; e oeste, Manuel Castro García e camiño. Referencia catastral: 15066F503011160000DP. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.686, tomo 487, libro 110 e folio 130. Tipo de licitación: 32.957,76 euros.

27. Parcela nº 682, Fochancos, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 1.626 m2 que, segundo o Rexistro da Propiedade, linda: norte, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; sur, Victoriano Caeiro Lens; leste, Comunidade Autónoma de Galicia; e oeste, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria. Referencia catastral: 9287616NH2398N0001YL. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.507, tomo 765, libro 170 e folio 6. Tipo de licitación: 28.579,64 euros.

De acordo co disposto na cláusula décimo primeira do prego de condicións deste alleamento, celebrarase segunda poxa o día 16 de xaneiro de 2013 no salón número 2 da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no soto do Edificio Administrativo San Caetano, en Santiago de Compostela, a partir das 10.00 horas, con rebaixa no tipo de taxación dun 15 %. Se a segunda poxa queda deserta, os inmobles ofertaranse a continuación en terceira poxa cunha rebaixa do tipo de licitación dun 30 % respecto da primeira.

Terceiro. Os pagamentos dos prezos de adxudicación efectuaranse segundo o estipulado no artigo 70.3º do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei de patrimonio.

Cuarto. A venda formalizarase como corpo certo en escritura pública e serán por conta dos adquirentes os custos do seu outorgamento. Os tributos derivados da transmisión serán exixidos conforme o disposto na lexislación tributaria. Así mesmo, quedan a cargo do adxudicatario o pagamento dos custos dos anuncios que se produzan neste procedemento de alleamento.

Quinto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2012

P.D. (Orde 9.1.12; DOG nº 9, do 13 de xaneiro)
Mª del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda