Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 17 de decembro de 2012 Páx. 46920

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 31 de outubro de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de renovación da autorización ambiental integrada solicitada por Finsa para a fábrica de taboleiro de partículas localizada no termo municipal de Santiago de Compostela (A Coruña). Clave do expediente de renovación 2012-IPPC-M-81.

Con data do 15.4.2008 outorgouse a Finsa a autorización ambiental integrada 2006/0376_NAA/IPPC_107 para a fábrica de taboleiro de partículas localizada no termo municipal de Santiago de Compostela, da que é titular. Nesta autorización estableceuse unha vixencia de cinco anos contados a partir do día seguinte ao da súa notificación ao titular, que se efectuou o 25.4.2008.

O artigo 25 da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, estipula que transcorrido o prazo de vixencia da autorización esta debe ser renovada e, se é o caso, actualizada. Atendendo ao indicado, e para os efectos previstos no artigo 7.2 do Real decreto 509/2007, do 20 de abril, polo que se aproba o Regulamento para o desenvolvemento e execución da Lei 16/2002, faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a documentación presentada pola solicitante para a renovación da autorización ambiental integrada, constituída polos documentos titulados:

– «Renovación autorización ambiental integrada. Centro de Santiago de Compostela. Financiera Maderera, S.A., Cogeneración del Noroeste, S.L. Memoria técnica Finsa Santiago. Clave 2006/0376_NAA/IPPC. Data: xuño 2012. Rev. outubro 2012».

– «Renovación autorización ambiental integrada. Centro de Santiago de Compostela. Financiera Maderera, S.A., Cogeneración del Noroeste, S.L. Memoria non técnica Finsa Santiago. Clave 2006/0376_NAA/IPPC. Data: xuño 2012. Rev. outubro 2012».

Co fin de que calquera interesado poida consultala e, se é o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes. O dito documento estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

– Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Xefatura Territorial da Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña).

– Concello de Santiago de Compostela (Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro, 15705).

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2012

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental