Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Xoves, 17 de xaneiro de 2013 Páx. 1346

I. Disposicións xerais

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CORRECCIÓN de erros. Decreto 136/2012, do 31 de maio, polo que se aproba o Regulamento do canon da auga e do coeficiente de vertedura a sistemas públicos de depuración de augas residuais.

Advertidos erros na referida disposición publicada no Diario Oficial de Galicia número 119, do 22 de xuño de 2012, cómpre efectuar as seguintes correccións:

– Na páxina 24825, no parágrafo terceiro, onde di: «...para obter a exención no canon de saneamento por estar en situación de exclusión social.», debe dicir: «...para obter a exención no canon da auga por estar en situación de exclusión social.».

– Na páxina 24826, no parágrafo cuarto, onde di: «...para regular o canon de saneamento na modalidade de carga contaminante...», debe dicir: «... para regular o canon da auga na modalidade de carga contaminante ...».

– Na páxina 24838, no artigo 8.3.c), onde di: «… o contribuínte non paga o canon da auga...», debe dicir: «… o contribuínte non satisfaga o canon da auga...».

– Na páxina 24855, no artigo 25.3.a), onde di: «O enderezo para o cal se solicita a bonificación debe…», debe dicir: «O enderezo para o cal se solicita a exención debe...».

– Na páxina 24860, no artigo 33.2, onde di: «Materias inhibidoras (MI) | Equito», debe dicir: «Materias inhibidoras (MI) | Equitox».

– Na páxina 24864, no artigo 38.1, onde di: «… a que fai referencia o artigo 61 deste regulamento.», debe dicir: «… a que fai referencia o artigo 62 deste regulamento.».

– Na páxina 24867, no artigo 40.6, onde di: « ... agás no caso de que non haxa ningunha liquidación emitida para esta base impoñible, en cuxo caso en que a dita consideración se aplicará aos períodos anteriores non prescritos», debe dicir: «... agás no caso de que non haxa ningunha liquidación emitida para esta base impoñible, en cuxo caso a dita consideración se aplicará aos períodos anteriores non prescritos».

– Na páxina 24867, no artigo 41.3, onde di: «... contidos nos artigos 57 e 61 da Lei 9/2010...», debe dicir: «... contidos nos artigos 57 a 61 da Lei 9/2010...».

– Na páxina 24874, no artigo 49.8, onde di: «... como impagado de acordo co establecido no punto 2.e) do artigo 51, será de tres meses...», debe dicir: «... como impagado de acordo co establecido no punto 2.f) do artigo 52, será de tres meses...».

– Na páxina 24875, no artigo 49.12, onde di: «A obriga establecida no punto 1 do artigo 53 esténdese...», debe dicir: «A obriga establecida no punto 1 do artigo 54 esténdese...».

– Na páxina 24875, no artigo 52.2.a), onde di: «... unha vez deducidos erros e anulacións, que na data de finalización do período voluntario de pagamento...», debe dicir: «... unha vez deducidos erros e anulacións, cuxa data de finalización do período voluntario de pagamento...».

– Na páxina 24885, no artigo 62.5, onde di: «No suposto de que non se diten liquidacións correspondentes á produción ...», debe dicir: «No suposto de que non se ditasen liquidacións correspondentes á produción ...».

– Na páxina 24887, no artigo 65.2, onde di: «... que se establecen no capítulo V do título I deste decreto», debe dicir: «... que se establecen no capítulo V do título I deste regulamento».

– Na páxina 24894, no artigo 72.5, onde di: «... de acordo co establecido no artigo 67 deste regulamento», debe dicir: «... de acordo co establecido no artigo 68 deste regulamento».