Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Martes, 19 de febreiro de 2013 Páx. 4771

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2013, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución da infraestrutura eléctrica denominada subestación Chantada 220 kV (AT-2 L-Lalín T-V), no termo municipal de Chantada (expediente IN407A 2012/37-2 8006 AT).

Logo de examinar o expediente instruído por pedimento da empresa Unión Fenosa Distribución, S.A., con enderezo para os efectos de notificación en avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña, resultan os seguintes:

Antecedentes de feito.

Primeiro. A subestación eléctrica Chantada, situada neste termo municipal (Lugo), dispón das seguintes instalacións, propiedade de Unión Fenosa Distribución, S.A., agás o parque de 220 kV que é propiedade de Red Eléctrica España, S.A.U.:

– Parque de 220 kV: blindado en interior de edificio exclusivo para este nivel de tensión, dobre barra, con tres posicións de liña, dous de transformador (unha delas de reserva), e unha de acoplamento transversal.

– Autotransformador 220/132 kV 100 MVA: autotransformador AT-2.

– Parque de 132 kV: exterior, dobre barra, con catro posicións de liña (Lugo, Oural, Os Peares e Faro), una de acoplamento transversal e catro de transformador de potencia.

– Dous transformadores 132/66 kV 16 MVA: transformadores T-3 e T-4.

– Un transformador 132/20 kV 15 MVA: transformador T-5.

– Parque de 66 kV: exterior, dobre barra, con dúas posicións de liña (unha de reserva e outra para Lalín), catro posicións de transformador de potencia e unha de acoplamento transversal.

– Dous transformadores 66/20 kV 6 MVA: transformadores T-7 e T-8.

– Parque de 20 kV: blindado en interior de edificio, simple barra, con trece posicións de liña (catro delas de reserva), tres de transformador de potencia, dúas de servizos auxiliares, dúas de medida de tensión en barras e unha de acoplamento lonxitudinal.

Segundo. O 22.3.2012 a empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. presentou solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da infraestrutura eléctrica denominada Subestación Chantada 220 kV (AT-2 L-Lalín T-V; acompañada da preceptiva documentación a que fai referencia o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Este proxecto prevé para a citada subestación eléctrica Chantada, co obxecto de mellorar a calidade do servizo, a realización das dúas actuacións seguintes: ampliación de potencia da subestación mediante a instalación de dous transformadores de potencia (AT-2 e T-V) e equipamento dunha nova posición de liña de 132 kV para conectar no parque de 132 kV a liña Lalín (agora conectada no parque de 66 kV). As características técnicas do equipamento básico que se vai instalar son as seguintes:

– Un autotransformador de potencia (AT-2) 220/132 kV 120 MVA, que se conectará nas posicións 203 e 204, coas seguintes características:

• Relación de transformación 230±10x3,45/138/10 kV.

• Potencia 120 MVA.

• Grupos de conexión YyNad1.

• Refrixeración ONAN/ONAF.

• Regulación en carga, no lado de 220 kV.

• Para a súa protección colocaranse do lado de 220 kV tres autoválvulas Siemens 245 kV 3EL2 102-2PJ32-4DA1.

– Un transformador de potencia (T-V) 132/20 kV 15 MVA, que se conectará nas posicións 109 e 806, coas seguintes características:

• Relación de transformación 132/20 kV.

• Potencia 15 MVA.

• Grupos de conexión YNyn0d11.

• Refrixeración ONAN.

• Regulación en carga, en alta tensión.

– Dúas posicións de 132 kV de transformador e unha posición de liña coa seguinte aparellaxe:

• 3 interruptores tripolares de corte en SF6 ABB tipo LTB-145 D1, 2500A, 31,5kV.

• 6 transformadores de intensidade Arteche tipo CA-145, 200-400-800/5-5-5-5-5A, 15VA cl.0,2s; 30VA cl.0,5; 3x50VA cl.5P20.

• 3 transformadores de intensidade Arteche tipo CA-145, 300-600-1.200/5-5-5-5-5A, 15VA cl.0,2s; 30VA cl.0,5; 3x50VA cl.5P20.

• 6 transformadores de tensión indutivos Arteche tipo UTE-145 132.000:√3/110:√3-110:√3-110:√3V 30VA cl.0,2; 30VA cl.0,5 100VA cl. 3P.

• 3 transformadores de tensión capacitivos Arteche tipo DDB-145 132.000:√3/110:√3-110:√3-110:√3V 30VA cl.0,2; 30VA cl.0,5 100VA cl. 3P.

• 9 autoválvulas Bowthorpe tipo 3HSRCP120, 10kA.

• 4 seccionadores xiratorios tripolares Electrotaz Digun-145 2000A.

• 1 seccionador xiratorio tripolar Electrotaz Digun-145 2000A, con coitelas para posta á terra da liña.

Terceiro. O 1.8.2012 a Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía e Industria (en diante, xefatura territorial) ditou resolución pola que se someteu a información pública a solicitude de autorización da devandita infraestrutura eléctrica, que se publicou no Diario Oficial de Galicia do 28.8.2012 e no Boletín Oficial da provincia do 24.8.2012.

Cuarto. Durante o período en que o devandito proxecto de execución se someteu ao trámite de información pública non se presentaron alegacións.

Quinto. O 31.7.2012 a xefatura territorial emitiu informe favorable sobre o devandito proxecto de execución.

Sexto. Posteriormente, esta dirección xeral trasladou as separatas deste proxecto ás distintas administracións, organismos ou empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral, con bens e dereitos ao seu cargo, afectadas pola mencionada infraestrutura eléctrica, para os efectos de obter a súa conformidade ou oposición ao respecto. Na seguinte táboa relaciónanse estas entidades e recóllese un resumo da súa resposta:

Entidade

Resumo da resposta

1

Red Eléctrica de España, S.A.U. (REE)

Non contestou á petición de informe (xustificante de recepción do 10.12.2012), nin á reiteración desta petición (xustificante de recepción do 11.1.2013). Polo tanto, conforme o disposto nos artigos 127 e 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, enténdese a súa conformidade coa autorización da instalación.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia; no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas; no Decreto 132/1982, do 4 de novembro, sobre asunción de competencias en materia de industria, enerxía e minas e a súa asignación á Consellería de Industria, Enerxía e Comercio; no Decreto 235/2012, do 5 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia; no Decreto 324/2009, do 11 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria; no Decreto 36/2001, do 25 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; en relación coa Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico; co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro; e coa Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Segundo. O proxecto cumpre o disposto no Regulamento sobre centrais eléctricas, subestacións e centros de transformación, aprobado polo Real decreto 3275/1982, do 12 de novembro.

Terceiro. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

De conformidade co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas, esta dirección xeral

RESOLVE:

1. Autorizar administrativamente a infraestrutura eléctrica denominada Subestación Chantada 220 kV (AT-2 L-Lalín T-V), no termo municipal de Chantada (Lugo).

2. Aprobar o proxecto de execución da infraestrutura eléctrica que se cita.

Todo isto con suxeición ás seguintes condicións:

Primeira. As instalacións de distribución de enerxía eléctrica que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa, asinado polo enxeñeiro industrial Carlos Cristobal Dolado (colexiado nº 17068, do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Madrid) e visado por este colexio con nº 201201011 e data 2.3.2012, e no que figura un orzamento total de 3.120.761 euros.

Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberase cumprir canto establece o Regulamento sobre centrais eléctricas, subestacións e centros de transformación, e as súas instrucións técnicas complementarias de acordo co Real decreto 3275/1982, do 12 de novembro, e ordes posteriores, así como demais normativa e directrices vixentes que sexan de aplicación.

Cuarta. Para introducir modificacións nas instalacións que afecten datos básicos do proxecto será necesaria autorización previa desta dirección xeral. Así mesmo, a xefatura territorial poderá autorizar as modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, e deberá comunicar a esta dirección xeral todas as resolucións que dite en aplicación da citada facultade.

Quinta. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución. Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a xefatura territorial inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuados e verificará o cumprimento dos compromisos contraídos pola empresa promotora.

Sexta. A administración reserva para si o dereito a deixar sen efecto esta autorización por calquera das causas sinaladas no artigo 34.1 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre o réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias, por incumprimento das condicións estipuladas, pola facilitación de datos inexactos, ou por calquera outra causa legal ou regulamentaria que así o prevexa.

Sétima. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2013

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas