Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Martes, 19 de febreiro de 2013 Páx. 4794

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 1 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza un interesado para ser notificado por comparecencia na resolución de modificación do acordo na concentración parcelaria de Arcos (Mazaricos).

De conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo director xeral de Desenvolvemento Rural.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de quince días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples, Monelos, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 1 de febreiro de 2013

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Acto notificado: Resolución do 22 de novembro de 2012, do director xeral de Desenvolvemento Rural, de modificación do acordo da zona de concentración parcelaria de Arcos (Mazaricos).

Interesado: José Herminio Rodríguez Costa.