Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Martes, 19 de febreiro de 2013 Páx. 4793

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 1 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia na resolución de modificación do acordo de concentración parcelaria de Arcos (Mazaricos).

De conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo director xeral de Desenvolvemento Rural.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de quince días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples, Monelos, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 1 de febreiro de 2013

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Acto notificado: Resolución do 15 de novembro de 2012, do director xeral de Desenvolvemento Rural, de modificación do acordo da zona de concentración parcelaria de Arcos (Mazaricos).

Interesados:

Antonio Martínez Cives.

Carmen González Oreiro.

José Manuel Caamaño Martínez e outros.