Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Martes, 19 de febreiro de 2013 Páx. 4791

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 30 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se anuncia a toma de posesión provisional dos predios de substitución da zona de concentración parcelaria de Novela-Liñares-Pezobrés (Santiso).

Despois de publicar o acordo de concentración parcelaria da zona de Novela-Liñares-Pezobrés (Santiso) e unha vez resoltos e notificados os recursos presentados, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural resolveu dar posesión provisional dos novos predios con data do 21 de decembro.

Todas as persoas interesadas tomarán posesión dos seus terreos obrigatoriamente.

Se algún propietario non permitise a toma de posesión dos novos predios no prazo que se indica neste aviso, será apercibido e logo será obxecto de compulsión directa (artigo 45 da antedita lei), ademais de impoñerlle as sancións económicas que procedan, conforme o disposto no seu artigo 69 e seguintes.

Os interesados poderán reclamar sobre as diferenzas superiores ao dous por cento entre a cabida real dos novos predios e o que conste no expediente de concentración, no prazo de sesenta días naturais, que contarán a partir da data en que os predios se poñan ao seu dipor (artigo 46). Deberán achegar coa reclamación ditame pericial.

Os prazos para a toma de posesión son os seguintes:

a) Labradíos sen colleita pendente, prados e pastos: o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Os restantes predios, no momento de seren retiradas as colleitas que estivesen pendentes de recolección no día antes citado.

c) En relación coas árbores existentes nos predios, recoméndase, na medida do posible, chegar a un acordo entre o achegante e o adxudicatario. No caso contrario, poderán ser retiradas polos propietarios das parcelas de achega no prazo de seis meses, que contarán desde a publicación deste aviso no Diario Oficial de Galicia, logo da petición ao Servizo de Montes do preceptivo permiso e o informe favorable do Servizo de Conservación da Natureza, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no caso de seren especies autóctonas protexidas; sen prexuízo das demais autorizacións que legalmente procedan.

Así mesmo, deberán adoptarse as medidas relativas á prevención de incendios forestais previstas na lexislación vixente.

A Coruña, 30 de xaneiro de 2013

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña