Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Xoves, 28 de febreiro de 2013 Páx. 6242

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4595/2012).

María Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 4595/2012 desta Sección, seguido por instancia de Carmen Susana Orallo Catoira contra o Fogasa, Satdata Telecom, S.L., Demotecnia Soluciones Tecnológicas, S.L., Alilu Inversiones del Atlántico, S.L., Valédeme, S.L., Democom Radiocomunicaciones, S.L., Radiotech Labs, S.L., Emergency Security and Logistic Control, S.L., sobre despedimento disciplinario, se ditou a resolución coa seguinte parte dispositiva:

«A Sala resolve que non procede aclarar a Sentenza do 26 de decembro de 2012, ditada por esta Sala no recurso de suplicación 4595/2012. En consecuencia, desestímase a solicitude de aclaración interposta pola representación da empresa demandada Valédeme, S.L.

Faise saber ás partes que contra esta resolución no cabe ningún recurso, sen prexuízo do recurso de casación para a unificación de doutrina, contra a sentenza definitiva, que poderán preparar por escrito ante esta Sala do Social dentro dos dez días seguintes ao da notificación deste auto. Expídase certificación desta resolución para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e incorpórese o orixinal, en unión da sentenza e este auto, ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en forma ás empresas Satdata Telecom, S.L., Demotecnia Soluciones Tecnológicas, S.L., Alilu Inversiones del Atlántico, S.L., Democom Radiocomunicaciones, S.L. e Radiotech Labs, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese os destinatarios de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamentos.

A Coruña, 31 de xaneiro de 2013

A secretaria xudicial