Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Luns, 11 de marzo de 2013 Páx. 7272

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 14 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo de inicio de expediente sancionador 2013032TA-CO por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 6 de febreiro de 2013, a Xefatura Territorial da Coruña ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2013032TA-CO incoado a Enrique José Taboada Vicos.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícaselle a Enrique José Taboada Vicos o contido do dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura territorial, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña, e a obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 14 de febreiro de 2013

Emma Rego Valcarce
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 2013032TA-CO.

Interesado: Enrique José Taboada Vicos.

DNI/NIF/CIF: 32712493H.

Último enderezo coñecido: Boa Vista, 13 H, 15600 Pontedeume.

Feito/s imputado/s: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigo/s infrinxido/s: Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco (BOE nº 309, do 27 de decembro), modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro (BOE nº 318, do 31 de decembro), nos seus artigos 7.u) e 19.2.a).

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: 30 € (trinta euros).