Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Luns, 11 de marzo de 2013 Páx. 7274

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 15 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2013058AL-CO por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 5 de febreiro de 2013, a Xefatura Territorial da Coruña ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2013058AL-CO incoado a Luis Alberto Gómez Zaragoza.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícaselle a Luis Alberto Gómez Zaragoza o contido do dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña, e a obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 15 de febreiro de 2013

Emma Rego Valcarce
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 2013058AL-CO.

Interesado: Luis Alberto Gómez Zaragoza.

DNI/NIF/CIF: 32651314P.

Último enderezo coñecido: estrada de Cedeira, km 3, 15570 Narón.

Feito/s imputado/s: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigo/s infrinxido/s: Lei 33/2011, do 4 de outubro, xeral de saúde pública (BOE nº 240, do 5 de outubro), artigo 57.2.c.

Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE nº 160, do 6 de xullo), artigo 50.1.d); artigo 51.1.

Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, sobre normas específicas de hixiene dos alimentos de orixe animal (DO nº 139, do 30 de abril; rectif. DO nº 204, do 4 agosto de 2007), artigo 5, anexo II, capítulo IX.

Real decreto 168/1985, do 6 de febreiro, polo que se establece a Regulamentación técnico-sanitaria sobre condicións xerais de almacenamento frigorífico de alimentos e produtos alimentarios (BOE nº 39, do 14 febreiro; rect. BOE nº 89, do 13 abril), artigo 4. Real decreto 191/2011, do 18 de febreiro, sobre rexistro xeral sanitario de empresas alimentarias e alimentos (BOE nº 57, do 8 marzo), artigo 2, artigo 6.

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: 1.200 € (mil douscentos euros).