Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Luns, 11 de marzo de 2013 Páx. 7276

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se convoca a contratación dun servizo, por lotes, para o mantemento das instalacións de calefacción, climatización e ventilación das oficinas de emprego da Xunta de Galicia nas catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria (expediente 2013.10.SXT.A).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar (Secretaría Xeral Técnica-Vicesecretaría Xeral).

b) Obtención de documentación e información: na Consellería de Traballo e Benestar. Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15781 de Santiago de Compostela, ou na web: www.contratosdegalicia.es

c) Teléfono: 981 54 74 56. Fax: 981 54 01 18.

Enderezo de correo: contratosareatraballo@xunta.es

2. Obxecto do contrato: servizo, por lotes, para o mantemento das instalacións de calefacción, climatización e ventilación das oficinas de emprego da Xunta de Galicia nas catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia. O contrato divídese nos seguintes lotes:

Lote 1: centros localizados na provincia da Coruña.

Lote 2: centros localizados na provincia de Lugo.

Lote 3: centros localizados na provincia de Ourense.

Lote 4: centros localizados na provincia de Pontevedra.

3. Prazo de execución do contrato: será de dous anos desde a sinatura do contrato. Establécense os prazos parciais que indica o punto 2.4 do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP) que rexe esta contratación.

4. Tramitación e procedemento: ordinaria e aberto.

5. Criterios de adxudicación: ver cláusula 6 do PCAP.

6. Orzamento base de licitación: sesenta mil trescentos corenta e tres euros con setenta e seis céntimos de euro (60.343,76 €) máis doce mil seiscentos setenta e dous euros con dezanove céntimos de euro (12.672,19 €) en concepto do imposto sobre o valor engadido (en diante IVE) a un tipo do 21 %, do que resulta un total de setenta e tres mil quince euros con noventa e cinco céntimos de euro (73.015,95 €), importe que se distribúe nos seguintes lotes:

Lote 1: 17.883,81 € (IVE incluído).

Lote 2: 17.532,90 € (IVE incluído).

Lote 3: 12.993,89 € (IVE incluído).

Lote 4: 24.605,35 € (IVE incluído).

7. Garantías exixidas:

a) Garantía provisional: non se exixe. b) Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

8. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver cláusula 5.3 do PCAP.

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de ofertas comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos corenta días naturais, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación: no Rexistro da Consellería de Traballo e Benestar situado na planta 0 do Edificio Administrativo desta consellería en San Lázaro (Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Sen prexuízo do anterior, os licitadores poderán enviar as súas proposicións por correo segundo o establecido no PCAP.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada no PCAP.

10. Apertura de ofertas: a apertura pública do sobre número 2 terá lugar na sala de xuntas da consellería, situada no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela, no décimo día natural, contado desde o día seguinte ao do remate do prazo de presentacións de proposicións, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso en que se trasladará ao primeiro día hábil seguinte.

Anunciarase no perfil do contratante e comunicaráselles aos licitadores a convocatoria da mesa pública para a apertura do sobre número 3.

11. Gastos de publicidade: 5,42 € por liña publicada no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2013

P.D. (Orde do 19 de agosto de 2009)
María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar