Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Luns, 11 de marzo de 2013 Páx. 7279

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CÉDULA do 13 de decembro de 2012, da Xefatura Comarcal de Ferrol, pola que se fai pública unha notificación de resolución do expediente sancionador PESAN1 2012/000502-1.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), notifícase á persoa que a continuación se relaciona a resolución do expediente instruído por infracción da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro.

Nº de expediente: PESAN1 2012/00502-1.

Denunciado: Elisardo Pérez Sampedro.

DNI: 76511766N.

Dirección: r/ García Bayón, 27-C, Ribeira.

Resolución: arquivamento do expediente sancionador.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer no prazo dun mes un recurso de alzada perante a conselleira do Medio Rural e do Mar, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, de acordo co establecido nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ferrol, 13 de decembro de 2012

David Escudero Dans
Xefe comarcal de Ferrol