Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Luns, 11 de marzo de 2013 Páx. 7280

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CÉDULA do 20 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha notificación de resolución do expediente sancionador (PESAN1 2012/000043-1).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), notifícase á persoa que a continuación se relaciona, a resolución do expediente instruído por infracción da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro.

O interesado dispón dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto, para examinar o expediente e interpoñer, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.

O expediente relacionado a seguir atópase á disposición dos interesados na Xefatura de Coordinación da Área do Mar da Coruña, Ramón y Cajal, s/n, 5º andar.

Nº de expediente: PESAN1 2012/000043-1.

Denunciado: Juan Eugenio Pérez Reiriz.

DNI: 33241839P.

Enderezo: Luís Seoane, nº 1, 3º esq., Ribeira.

Precepto infrinxido: 137.6, 137.7.

Sanción: 32.075,31 euros.

De conformidade co previsto na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG núm. 235, do 5 de decembro), os importes das devanditas sancións deberán ser aboados nos prazos que establece o artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, ou do contrario procederase, sen máis trámite, ao seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria. Para o pagamento en período voluntario os interesados deberán recoller na Xefatura de Coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar o documento de ingreso correspondente.

Se cumpren os requisitos previstos no artigo 151 da Lei 11/2008, do 3 de decembro, poderan solicitar, no prazo dun mes contado a partir da firmeza da presente resolución, a suspensión condicional da execución da sanción imposta, mediante escrito motivado en que manifesten o compromiso de aterse ás condicións que para o seu outorgamento se establezan, co fin de garantir, durante o prazo de suspensión, un comportamento de respecto á normativa reguladora da actividade pesqueira.

A Coruña, 20 de febreiro de 2013

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña