Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Luns, 11 de marzo de 2013 Páx. 7257

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, da contratación da subministración de diverso material didáctico para os centros de educación infantil que dependen da consellería (expediente ED-14/13 SU).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica. Subdirección Xeral de Construcións e Equipamento. Servizo de Obras e Equipamentos.

c) Número de expediente: ED-14/13SU.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de diverso material didáctico para os centros de educación infantil que dependen da consellería.

b) División por lotes e número: si, 9 lotes.

c) Lugar de entrega e instalación: almacén da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, sito no polígono industrial de Toedo, concello da Estrada (Pontevedra), ou no centro educativo que se sinale en función do volume de artigos para entregar.

d) Prazo de entrega: 30 días desde a formalización do contrato ou o prazo ofertado polo adxudicatario, se for inferior.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no punto 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación.

Prezo: 108.210,00 euros (IVE excluído), IVE: 22.724,10 euros, cuxa distribución por lotes é a que se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

Importe total: 130.934,10 euros.

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento de licitación (IVE excluído).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Secretaría Xeral Técnica.

b) Domicilio: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfono: 981 54 44 60.

d) Poderanse consultar e/ou obter os pregos así como a información correspondente a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18533

7. Presentación das ofertas.

a) Prazo de presentación: as proposicións presentaranse no prazo de quince (15) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Hora límite de presentación: ata as 14.00 horas do último día de presentación de proposicións.

c) Documentación necesaria: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Lugar de presentación:

1ª. Entidade: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou por correo.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (881 99 91 49) no mesmo día.

2ª. Enderezo: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.

3ª. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Enderezo: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora: a apertura das proposicións efectuarase o oitavo día hábil ás 10.00 horas, contado desde o día seguinte ao do remate do prazo de presentación de proposicións, a non ser que o último día sexa sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ata o primeiro día hábil seguinte.

9. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2013

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria