Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Luns, 11 de marzo de 2013 Páx. 7296

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan de sectorización de solo urbanizable non delimitado industrial de Santa Cruz de Arrabaldo (expediente 2011011471).

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria do 14 de febreiro de 2013, adoptou entre outros o seguinte acordo:

«A Xunta de Goberno Local, de conformidade coa proposta, por unanimidade, acordou:

1. Aprobar inicialmente o Plan de sectorización de solo urbanizable no delimitado industrial de Santa Cruz de Arrabaldo redactado de oficio.

2. Someter o expediente a información pública polo prazo de dous meses, na forma prevista no artigo 86.1.a) da Lei de Galicia 9/2002.

3. Recadar os informes sectoriais de conformidade co previsto no artigo 86.1.b) da Lei de Galicia 9/2002.

Este acordo de aprobación inicial suspende o procedemento de outorgamento de licenzas en todo o ámbito. Comuníquese ao Servizo de Licenzas Urbanísticas, de Actividade, Apertura e Disciplina para os efectos oportunos».

O dito expediente atópase no Negociado de Planeamento Urbanístico para, de conformidade co disposto no artigo 86 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sometelo a exposición pública polo prazo dous meses, que empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación oficial deste anuncio, para que todas as persoas interesadas poidan achegar as alegacións que xulguen pertinentes.

Ourense, 18 de febreiro de 2013

Agustín Fernández Gallego
Alcalde presidente