Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Luns, 11 de marzo de 2013 Páx. 7295

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de información pública sobre solicitude de licenza para taller de reparación de vehículos.

Taller Mecánico Paludi, C.B. solicitou desta alcaldía licenza municipal para a instalación de taller de reparación de vehículos na rúa dos Artesáns, número 68.

En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días, co fin de que durante este -que empezará a contarse desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto-, poidan examinar o expediente, no Servizo de Licenzas, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se xulguen oportunas.

Lugo, 6 de febreiro de 2013

Luis Manuel Álvarez Martínez
Tenente de alcalde delegado da Área de Urbanismo