Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2013 Páx. 10971

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 27 de marzo de 2013, da Subdirección Xeral de Auditoría de Fondos Comunitarios e Subvencións, sobre notificación por comparecencia para a entrega dun informe definitivo de control financeiro sobre unha subvención percibida por un beneficiario.

A Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en execución do Plan de control financeiro 2006, aprobado de conformidade co disposto no artigo 107 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia (DOG número 214, do 5 de novembro), e de acordo co previsto no artigo 94 do dito texto e no artigo 42 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG número 121, do 25 de xuño), está realizando un control financeiro a Mejillones Aspíes, S.L., en relación coa subvención percibida de axudas a empresas de transformación, conservación e comercialización de produtos do mar, financiada con fondos propios.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, polo presente faise saber:

1. Que se tentou a notificación do informe definitivo de control financeiro a Mejillones Aspíes, S.L. sen que fose posible practicala.

2. Que por medio do presente anuncio se pon de manifesto que Mejillones Aspíes, S.L. ou persoas debidamente autorizadas deberán comparecer no prazo de dez días contados desde o seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia, nas oficinas da Subdirección Xeral de Auditoría de Fondos Comunitarios e Subvencións, sita no Edificio San Caetano, s/n, bloque nº 3 (Intervención Xeral da Comunidade Autónoma-Consellería de Facenda), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, co obxecto de facerlles entrega do informe definitivo de control financeiro efectuado a Mejillones Aspíes, S.L.

3. Que se, rematado o prazo sinalado, non tiveren comparecido, a notificación entenderanse producida a todos os efectos legais desde o día seguinte ao do vencemento do prazo para comparecer.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2013

Jacinto Álvarez Somoza
Subdirector xeral de Auditoría de Fondos Comunitarios e Subvencións