Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Xoves, 30 de maio de 2013 Páx. 19289

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2013, da Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo no primeiro cuadrimestre do ano 2013.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, impón a cada Consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar, no Diario Oficial de Galicia, unha relación dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2013.

En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único. Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2013, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2013

Teresa María Gutiérrez López
Directora xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo
nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2013

Convenio

Importe achegado
polo IGVS

Data sinatura

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e Vego Supermercados, S.A.U. (entidade pertencente ao grupo empresarial Vegalsa-Eroski) para a participación no programa de realoxo dirixido aos colectivos afectados por execucións hipotecarias.

Sen contía económica

14.3.2013