Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Xoves, 30 de maio de 2013 Páx. 19288

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2013 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por este organismo no primeiro cuadrimestre do ano 2013.

O artigo 11.1 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar, no Diario Oficial de Galicia, unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,

DISPOÑO:

Artigo único. Dar publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2013, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2013

Adela Quinzá-Torroja García
Directora do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral

ANEXO

Convenio

Obxecto

Importe achegado polo ISSGA

Data sinatura

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación en materia de prevención de riscos laborais.

A participación nas actividades da EGAP do persoal dependente do ISSGA, así como a colaboración e o desenvolvemento conxunto de actividades de carácter formativo, divulgador e investigador en materias da competencia das institucións asinantes.

0,00 €

25.1.2013

Acordo marco de colaboración entre o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia para a promoción e colaboración en actuacións de seguridade e saúde no traballo.

O establecemento de canles de colaboración para o desenvolvemento de actividades de información e formación en prevención de riscos laborais, así como programar, coordinar e apoiar as actividades desenvolvidas polo COPG, para a mellora das condicións de seguridade e saúde no traballo, a redución dos riscos laborais, a investigación e fomento de novas formas de protección e promoción de estruturas eficaces de prevención.

0,00 €

4.4.2013