Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Xoves, 6 de xuño de 2013 Páx. 20941

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 21 de maio de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, polo que se fai pública a notificación dun expediente de suspensión condicional.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a resolución relativa á suspensión condicional que solicitou no seu día.

Os prazos empezarán a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio. O expediente relacionado a seguir está á disposición do interesado na Consellería do Medio Rural e do Mar (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, teléfono 981 54 61 63).

Nº de expediente: PESAN1 2012/000760-1.

Beneficiario: Fernando Jesús Hernández Lema.

NIF: 46905372T.

Enderezo: r/ Río Anllóns, 8, baixo.

Trámite: resolución de concesión de suspensión condicional da execución da sanción.

Prazo para presentar recurso de reposición: un mes.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2013

Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar