Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 17 de outubro de 2013 Páx. 41201

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 16 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes sancionadores en materia de residuos LU-RES 2013/064 e catro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 58 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto obxecto de notificación foi adoptado polo xefe territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

A comparecencia debera efectuarse no prazo de dez días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A citada xefatura territorial ten a súa sede na rolda da Muralla, nº 70, 2º, do termo municipal de Lugo.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao día final do prazo fixado.

Lugo, 16 de setembro de 2013

José Mª López Vega
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-RES 2013/064.

Denunciado: Adrian Betianu.

Acto notificado: acordo de iniciación de expediente sancionador.

Expediente: LU-RES 2013/107.

Denunciado: Regino Mendes.

Acto notificado: acordo de iniciación de expediente sancionador.

Expediente: LU-RES 2013/158.

Denunciado: Regino Mendes.

Acto notificado: acordo de iniciación de expediente sancionador e acumulación co expediente LU-RES 2013/107.

Expediente: LU-RES 2013/142.

Denunciados: Alin Bacila e Vigil Marcu.

Acto notificado: acordo de iniciación de expediente sancionador.

Expediente: LU-RES 2013/162.

Denunciado: Gheorghe Farcas.

Acto notificado: resolución arquivamento denuncia.