Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 17 de outubro de 2013 Páx. 41199

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2013, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, pola que se acorda someter a información pública o Plan de emerxencia exterior do establecemento Cepsa Gas Licuado, S.A. en Maside.

En aplicación do disposto no artigo 11 do Real decreto 1254/1999, do 16 de xullo, polo que se aproban medidas de control dos riscos inherentes aos accidentes graves en que interveñan substancias perigosas coas súas respectivas modificacións, Real decreto 119/2005 e Real decreto 948/2005, e do disposto nos artigos 4 e 5 do Decreto 277/2000, do 9 de novembro, polo que se designan os órganos autonómicos competentes en materia de control de riscos inherentes aos accidentes graves en que interveñan substancias perigosas, deben someterse ao correspondente procedemento de información pública os plans de emerxencia exterior dos establecementos en que estean presentes substancias perigosas en cantidades iguais ou superiores ás especificadas na columna 3 das partes 1 e 2 do anexo 1 do citado Real decreto 1254/1999, coas súas respectivas modificacións, Real decreto 119/2005 e Real decreto 948/2005.

Atendendo á documentación remitida polo industrial a través da Consellería de Economía e Industria, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior elaborou o Plan de emerxencia exterior de Cepsa Gas Licuado, S.A. en Maside, Ourense.

En consecuencia, e de conformidade co previsto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

RESOLVO:

Primeiro. Someter ao trámite de información pública por un período de 20 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, o proxecto do Plan de emerxencia exterior de Cepsa Gas Licuado, S.A. en Maside, Ourense, para que se presenten cantas alegacións se consideren oportunas.

Para os efectos de cumprir o previsto no artigo anterior, o Plan de emerxencia exterior estará dispoñible na sede da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, na rúa Roma, 25-27, do Polígono das Fontiñas, en Santiago de Compostela, e pode ser tamén consultado no enderezo web http://cpapx.xunta.es/plans-de-emerxencia

Segundo. As alegacións deberán dirixirse en igual prazo á Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, na rúa Roma, 25-27, do Polígono das Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela, e serán presentadas na Oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia ou en calquera das formas previstas na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2013

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral de Emerxencias e Interior