Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 17 de outubro de 2013 Páx. 41124

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

ORDE do 8 de outubro de 2013 pola que se amplía o prazo de presentación da documentación xustificativa establecido na Orde do 13 de maio de 2013 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o soterramento de infraestruturas eléctricas que transcorran por un ou varios termos municipais na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria.

O día 23 de maio de 2013 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 13 de maio de 2013 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o soterramento de infraestruturas eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia.

No artigo 19.1º das bases reguladoras da Orde do 13 de maio de 2013 establécese que os beneficiarios terán ata o 15 de novembro de 2013 para presentar a documentación xustificativa da subvención. Tendo en conta que o elevado número de solicitudes presentadas motivou un dilatado proceso de avaliación dos proxectos e resolución dos respectivos expedientes e co fin garantir a maior eficacia posible das referidas subvencións, dado que non se causa prexuízo a terceiros, considérase necesario ampliar o prazo de xustificación.

De acordo co anterior, vista a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento,

DISPOÑO:

Artigo único

Amplíase ata o día 20 de decembro de 2013 (inclusive) o prazo para a execución e xustificación dos investimentos que foron obxecto de subvención, ao abeiro da Orde do 13 de maio de 2013 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o soterramento de infraestruturas eléctricas que transcorran por un ou varios termos municipais na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2013

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía e Industria