Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 17 de outubro de 2013 Páx. 41190

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (247/2013).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 247/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana Collazo Pose contra José Luis Barros Moreno, Colonial Trade, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse sentenza, cuxo encabezamento e ditame din:

«Sentenza.

Na cidade da Coruña, 25 de setembro de 2013.

Milagritos Belso Sempere, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 247/2013 seguidos por instancia de Ana Collazo Pose, asistida polo letrado José Nogueira Esmorís, contra José Luis Barros Moreno, Colonial Trade, S.L. e o Fogasa, que non comparecen, malia estaren citados en legal forma, sendo o obxecto da reclamación despedimento; e

Decido que, con estimación da demanda formulada por Ana Collazo Pose contra a empresa Colonial Trade, S.L., debo declarar e declaro improcedente o despedimento da demandante, desestimando a pretensión de que este sexa declarado nulo.

Así mesmo, dada a imposibilidade da readmisión, declaro extinguida a relación laboral na data da presente resolución e condeno a empresa demandada a que aboe a demandante unha indemnización por un importe de seis mil trescentos vinte euros (6.320 €), con aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación desta sentenza, que nesta data ascenden a oito mil novecentos cincuenta e seis euros con catro céntimos (8.956,04 €).

Notifíquese esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza e, no propio prazo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta en Banesto desta cidade».

E para que sirva de notificación en legal forma a José Luis Barros Moreno e Colonial Trade, S.L., expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de setembro de 2013

A secretaria xudicial