Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 17 de outubro de 2013 Páx. 41192

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (297/2011).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 297/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pedro Jesús Conde Abuelo contra a empresa Almacenes Pernas, S.L., M. Pernas 2010, S.L., Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvo:

1º. Que estimando a demanda formulada por Pedro Jesús Conde Abuelo contra as empresas Almacenes Pernas, S.L. e M. Pernas 2010, S.L., condeno a estas demandadas a lle aboar á parte demandante as seguintes cantidades:

– Por parte de Almacenes Pernas, S.L. a cantidade de 5.606,76 euros que lle debe en concepto de principal polos conceptos salariais e outros recollidos no relato de feitos probados e 1.121,35 euros por xuros de demora.

– Por parte de M. Pernas 2010, S.L. a cantidade de 2.752 euros de principal polos conceptos salariais e outros recollidos no relato de feitos probados e 575,40 euros por xuros de demora.

2º. Todo isto coa obriga do Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) de se ater a esta resolución nos termos do art. 33 ET.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza, que se deberá anunciar por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación.

Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o dereito da xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030 1846) a nome deste xulgado, co núm. 1533 0000 36 0297 11, acreditando, mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co núm. 1533 0000 60 0297 11, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario por esa cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista e incorporalo a este xulgado co anuncio do recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para sirva de notificación en legal forma a Almacenes Pernas, S.L. e M. Pernas 2010, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 27 de setembro de 2013

O secretario xudicial