Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 17 de decembro de 2013 Páx. 48384

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2013, da Dirección de Augas de Galicia, pola que se dá publicidade á encomenda de xestión a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, subscrita no exercicio 2013, para a realización dos traballos de análise e xestión das redes de control definidas no Plan hidrolóxico de Galicia-Costa.

– Denominación. Encomenda de xestión de Augas de Galicia á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental para a análise e xestión das redes de control definidas no Plan hidrolóxico de Galicia-Costa.

– Actividade. Traballos de mostraxe e análises de substancias perigosas en augas continentais, costeiras e de transición; así como mostraxe e análise de diversos parámetros en zonas protexidas; e entrega de resultados a Augas de Galicia. Facilitar a Augas de Galicia os resultados derivados das redes de control de vixilancia e de control operativo en augas continentais, costeiras e de transición.

– Natureza e alcance de xestión encomendada. Esta encomenda ten natureza intrasubxectiva ao ser Augas de Galicia e a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental dous órganos dependentes da mesma administración.

– Prazo de vixencia. O período de execución é desde o 1 de decembro de 2013 ata o 30 de novembro de 2015.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2013

Francisco Menéndez Iglesias
Director xeral de Augas de Galicia