Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Luns, 17 de febreiro de 2014 Páx. 6551

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Civil e Penal)

EDICTO (5/2013).

Procedemento: nomeamento de árbitro nº 37/12.

Por instancia de: Elyte Xinzo, S.L.

Procuradora: Sra. Fernández Rodríguez.

Contra: Promociones Cortiña do Crego, S.L.

Eu, Agustín Ignacio Pena López, secretario da Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anuncio que no procedemento de nomeamento de árbitro anteriormente referenciado, seguido nesta sala, se ditou sentenza do 13.9.2013 cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Estimar a demanda presentada pola procuradora Sra. Fernández Rodríguez, en nome e representación de Elyte Xinzo, S.L., contra Promociones Cortiña do Crego, S.L., declarada en rebeldía, debemos nomear e nomeamos árbitro de equidade titular a Inmaculada Salgado Gómez (primeira suplente a María Teresa Arce Nogueiras e segunda suplente a María de los Ángeles Ferreira Pazo), para dilucidar as cuestións derivadas do contrato celebrado entre as partes o día 16 de xullo de 2009.

Impóñenselle as custas á parte demandada.

Contra esta resolución non cabe recurso ningún.

Notifíqueselles esta resolución aos interesados constituídos como parte.

Contra esta sentenza non cabe recurso.

Así, por esta nosa sentenza, da cal se formulará testemuño para a súa unión á peza da Sala, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Ao atoparse a citada entidade demandada, Promociones Cortiña do Crego, S.L., en situación procesual de rebeldía, expídase este edicto co fin de que lle sirva de notificación da sentenza en legal forma, mediante a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 23 de outubro de 2013

Agustín Ignacio Pena López
Secretario da Sala