Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Luns, 17 de febreiro de 2014 Páx. 6552

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4798/2011).

Tipo e nº de recurso: recurso suplicación 4798/2011.

Xulgado de orixe/autos: demanda 1012/2010 Xulgado do Social número 5 da Coruña.

Recorrente: Mutua Midat Cyclops.

Avogada: María Blanca Fernández-Chao González-Dopeso.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Repuestos y Montajes, S.L., Antonio Manuel Cadaveira Bolaño, Alfeco, S.L., Construcción Rehabilitación y Conservación, S.L.

Avogado/a: Serv. Xurídico Seg. Social (Provincial), José Ángel Losada Vasallo.

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber:

Que no procedemento recurso de suplicación 4798/2011 seguido por instancia de Antonio Manuel Cadaveira Bolaño contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Repuestos y Montajes, S.L., Alfeco, S.L., Construcción Rehabilitación y Conservación, S.L. sobre accidente, se ditou a seguinte resolución que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolvemos:

Desestimando o recurso de suplicación interposto pola mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social Mutual Mydat Cyclops contra a Sentenza do 11 de maio de 2011 do Xulgado do Social número 5 da Coruña, ditada en xuízo seguido por instancia de Antonio Manuel Cadaveira Bolaño contra a recorrente, o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a entidade mercantil Asfeco, Sociedad Limitada, a entidade mercantil Construcción, Rehabilitación y Conservación e a entidade mercantil Repuestos y Montajes, Sociedad Limitada, a Sala confírmaa integramente e, en legal consecuencia, condenamos a recorrente á perda de depósitos, consignacións e aseguramentos, e ás custas da suplicación, cuantificando en 600 euros os honorarios do letrado do traballador demandante/impugnante.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta Sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta Sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano)».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Construcción Rehabilitación y Conservación, S.L., actualmente en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido no polígono do Tambre, Vía Pasteur, 7-2º esq., Santiago de Compostela, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que sexan auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 17 de xaneiro de 2014

A secretaria xudicial