Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Luns, 17 de febreiro de 2014 Páx. 6554

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4285/2011).

Recorrente/s: Protección de Patrimonios, S.A., Rafael Ricoy Becerra, Juan José Aguín Leiro, Francisco Ucha Villaverde.

Avogado/a: Miguel Ángel Vidal Pan, María Elisa Otero Domínguez.

Recorrido/s: Grupo Cetssa Seguridad, S.A., Serramar Vigilancia y Seguridad, S.L.

Avogado/a: Jesús Francisco Vila Díaz.

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 4285/2011 desta sección, seguido por instancia de Protección de Patrimonios, S.A., Rafael Ricoy Becerra, Juan José Aguín Leiro, Francisco Ucha Villaverde contra as empresas Grupo Cetssa Seguridad, S.A., Serramar Vigilancia y Seguridad, S.L. sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvemos:

Desestimando o recurso de suplicación interposto por Juan José Aguín Leiro, Rafael Ricoy Becerra e Francisco Ucha Villaverde, e desestimando o recurso da entidade mercantil Protección de Patrimonios, Sociedad Anónima contra a sentenza do 5 de abril de 2010, do Xulgado do Social número 2 de Pontevedra, ditada en xuízo seguido por instancia de Juan José Aguín Leiro, Rafael Ricoy Becerra e Francisco Ucha Villaverde contra o Grupo Cetssa Seguridad, Sociedad Anónima, Serramar Seguridad, Sociedad Limitada e Protección de Patrimonios Sociedad Anónima, a sala confírmaa integramente e, en legal consecuencia, condenamos a entidade mercantil Protección de Patrimonios, Sociedad Anónima á perda de depósitos, consignacións e aseguramentos, e ás custas da suplicación, cuantificando en 600 euros os honorarios da letrada impugnante de Juan José Aguín Leiro, Rafael Ricoy Becerra e Francisco Ucha Villaverde.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 220 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de xaneiro de 2014

A secretaria xudicial