Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Mércores, 26 de marzo de 2014 Páx. 12913

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Coristanco

ANUNCIO de información pública do estudo de detalle modificado de reaxuste de aliñacións na primeira Travesía do Muíño.

Con data do 10 de febreiro de 2014 a Alcaldía do Concello de Coristanco ditou un decreto que a súa parte dispositiva recolle o seguinte:

Aprobar inicialmente o estudo de detalle modificado para reaxuste de aliñacións na primeira Travesía do Muíño, redactado polo arquitecto Ángel Luis Monteoliva Díaz, e se someta este a información pública por un prazo de 20 días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación na provincia.

O estudo de detalle estará á disposición dos interesados durante o período de exposición nas oficinas xerais do concello, de luns a venres, en horario de oficina (das 8.00 ás 14.00 horas) para a presentación das alegacións que consideren oportunas.

E, para que así conste, para os efectos de que se cumpra o arriba exposto, asino este anuncio.

Coristanco, 10 de febreiro de 2014

Antonio Pensado Plágaro
Alcalde